Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución á Socioloxía Industrial e da Empresa | Código | 650G01012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Realización de exercicios, prácticas individuais e en grupo nos que se aplicarán os contidos teóricos e coñecementos adquiridos na materia. | 60 |
Proba obxectiva | A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 | Os estudantes realizarán nas datas correspondentes ás convocatorias oficiais un exame sobre os contidos teóricos da materia explicados nas clases maxistrais. | 40 |
Observacións avaliación | |||
Convocatoria de primeira oportunidade: Os estudantes serán cualificados en base aos seguintes criterios de avaliación: 1) realización de prácticas e traballos levados a cabo nos talleres (60% da cualificación); e b) exame sobre os contidos teóricos da materia (40% da calificación). Os estudantes teñen que acadar o aprobado tanto na parte práctica como na parte teórica da materia para facer a media entre ambas. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Co fin de que os estudantes poidan obter a máxima puntuación, na data oficial correspondente á segunda oportunidade (así como na convocatoria adiantada) a avaliación consistirá na realización dun exame sobre os contidos teóricos da materia que suporá o 100% da calificación. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% na nota final, independentemente da nota obtida. Estudantes con recoñecemento de dedicación parcial e exención de asistencia: O estudante deberá comunicar esta circunstancia ó profesor ó comezo do curso e, excepto para as datas aprobadas en Xunta de Facultade para a proba obxetiva final, para as restantes probas acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. Implicacións do plaxio: Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Directrices de xénero: -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporare a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|