- Titorías de grupo reducido: Definiranse durante o curso, serán de forma presencial ao longo de dous ou tres sesións cunha duración total de 4 horas. Nas últimas semanas do curso poderán utilizarse para resolver dúbidas do traballo tutelado e/ou da materia.
- Titorías individuais ou grupais a demanda do alumnado durante os horarios de titorías do profesorado, ou noutro horario acordado por ambas as partes. Serán presenciais ou a través de Teams.
- Titorías grupais programadas: realizaranse unha ou dúas titorías grupais de cara a preparar a proba mixta. As datas estableceranse e publicaranse en Moodle/Teams, unha vez coñecidas as datas oficiais de exames en cada oportunidade. Realizaranse de forma presencial ou a través de Teams.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.