A
materia está deseñada en estrito cumprimento da distribución de tempos
de traballo establecida no plano de estudos, que á súa vez está
inspirado no crédito europeo transferible (ECTS) e nas liñas xerais da
declaración de Boloña. Neste contexto, as responsabilidades académicas
van máis aló de, simplemente, asistir ás aulas. O traballo non remata ó
saír da aula (ou finalizar a sesión telemática), e non todo o traballo
se fai aquí. O plano de estudos está deseñado para que exista una
combinación de traballo presencial de 50 horas, e de 100 horas
adicionais de traballo non presencial; estas últimas correspóndense co
tempo que un alumno medio debe empregar para as súas tarefas persoais
(lecturas, preparación de apuntes, e naturalmente tempo de estudo) e
para prepara-las actividades que se van programando ó longo do
cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, traballos,
prácticas baseadas nas TIC, etc.). As sesións presenciais (físicas ou
telemáticas) dedicaranse prioritariamente a discuti-los aspectos
teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver
dúbidas de carácter xeral, debater e realizar actividades prácticas e
interactivas. A partir deste traballo común, prográmase o traballo
individual que cada alumno debe desenvolver para a(s) seguinte(s)
sesión(s), coa orientación e apoio dos seus profesores cando así o
precise. |