Presentación oral |
C1 C2 |
Presentación e defensa do traballo tutelado realizado. |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A5 A17 A19 B3 B4 B5 B8 B10 C1 C3 C4 C6 |
Traballo sobre un aspecto do mercado laboral. |
30 |
Normativa de avaliación: - Para superar a materia, débese obter como mínimo 50 puntos dos 100 totais.
- Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou a almacenaxe de información.
- É preciso que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co DNI na aula na que se realiza a proba.
- Cualificación de Non Presentado: a cualificación de non presentado corresponde ao estudante cando só participe en actividades que teñan unha ponderación igual ou inferior ao 30% sobre a cualificación final, con independencia da cualifición acadada.
- Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: para a segunda oportunidade e para a convocatoria adiantada, mantéñense as cualificacións da avaliación continua (obradoiros, traballo e presentación oral), obtidas no primeiro cuadrimestre e engádese a nota do xame da segunda oportunidade ou da adiantada, segundo corresponda. Porén, se o desexa, o/a estudante pode substituír a cualificación da avaliación continua (obradoiros, traballo e presentación oral =70% da nota) pola realización de dúas probas complementarias ao exame: unha sobre o contido dalgunha das lecturas traballadas nos obradoiros (35% da nota final) e outra sobre a análise dun cadro ou gráfico relacionado cos contidos desenvoltos na clase (35% de la nota final). De optar por esta segunda posibilidade, a nota obteida substituirá en todo caso (sexa superior ou inferior) á cualificación obtida no curso na parte da avaliación continua.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
- Dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
Outras observacións e recomendacións: Nas primeiras semanas, comunicarase ao estudantado o calendario de obradoiros e defensa dos traballos. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que o profesorado indicará ao comezo do curso.
|