Metodoloxías
Seminario
Proba de resposta múltiple
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto de forma presencial como a través da plataforma Microsoft Teams, Campus Virtual our correo electrónico; e poderá adaptarse a diferentes modalidades e contextos:

- a través de tutorías, especificamente solicitadas polo/a estudante ou grupo de estudantes, os/as estudantes poderán resolver cuestións relativas a calquera dos aspectos incluídos na guía docente.

- durante as dúas metodoloxías de traballo grupal o/a estudante recibirá feedback da execución de tales tarefas, e poderá resolver todas as dúbidas relativas ás mesmas.

- durante a realización do estudo de casos, o/a estudante contan co seguimento por parte do profesor/a a través da resolución das dúbidas relativas á tarefa.

- a través do Campus Virtual, crearase un foro de dúbidas para cada tema onde o/a estudante pode lanzar as súas preguntas e/ou establecer debate entre profesora/estudante ou entre os estudantes.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.