Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC As/os alumnos realizarán, baixo a dirección das/os docentes da materia, exercicios prácticos con axuda das ferramentas informáticas axeitadas en cada un dos bloques dos que consta a materia.
Estudo de casos Formularanse problemas prácticos concretos relacionados cos contidos e as prácticas desenvolvidas en clase, que deberán ser valorados e resoltos de forma individual ou en grupo, segundo o indicado.
Proba obxectiva Para cada un dos bloques dos que consta a materia, poderanse formular probas tipo test ou probas prácticas que exixirán do manexo das aplicacións informáticas explicadas durante o desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral As/os docentes desenvolverán, mediante clases maxistrais e dinámicas, os contidos recollidos no temario, que se poderán facer dispoñibles a través do campus virtual.