Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A7 A8 A12 A13 A15 A24 A29 A30 A44 A45 A46 Para cada un dos bloques dos que consta a materia, poderanse formular probas tipo test ou probas prácticas que exixirán do manexo das aplicacións informáticas explicadas durante o desenvolvemento da materia. 80
Estudo de casos A7 A8 A12 A13 A14 A15 A24 A29 A30 A45 A46 Observación sistemática dos/as alumnos/as durante o proceso de resolución dos problemas prácticos plantexados. 10
Prácticas a través de TIC A7 A8 A12 A13 A14 A15 A24 A29 A30 A45 A46 Observación sistemática dos/as alumnos/as durante a realización dos exercicios plantexados nos seminarios prácticos. 10
 
Observacións avaliación

A
avaliación da materia persegue valorar a adquisición e o grao de
desenvolvemento das competencias previstas nesta guía docente por parte do
alumnado.

A
materia BIOESTATÍSTICA E BIOINFORMÁTICA consta de 2 bloques que serán
cualificados de forma independente, obtendo en cada un delas unha puntuación
entre 0 e 10 puntos:

·       
Bioestatística
(1,5 ECTs)

·       
Bioinformática
(1,5 ECTs) 

A
cualificación final da materia calcularase como a media aritmética da
cualificación de ámbolos bloques.
Para superar a asignatura, é
imprescindible acadar polo menos unha nota de 3 puntos sobre 10 en cada un
dos bloques
, e acadar unha cualificación media mínima de 5 puntos sobre
10
. No caso de non supera-la nota de 3 nalgunha das partes, a nota que
figurará na acta será a media da nota de ámbolos bloques, se esta é inferior a
5 puntos, ou unha nota de 4 en caso contrario.

Por
limitacións da plataforma, o contido deste punto é orientativo. Nos primeiros
días de clase cada profesor/a comentará como se realizará a avaliación de cada parte.

Para
cada bloque, a avaliación da disciplina realizarase mediante a media
ponderada da cualificación das seguintes actividades, valoradas nas porcentaxes
indicadas
:

i)
Probas obxectivas (80% da cualificación final): avaliación sobre
os contidos teóricos e prácticos tratados na disciplina. Para cada un dos
bloques dos que consta a materia, poderanse formular probas tipo test ou probas
prácticas que exixirán do manexo das aplicacións informáticas explicadas
durante o desenvolvemento da disciplina. 

ii)
Prácticas a través de TIC e estudos de caso (20% da cualificación
final): corresponden á parte de observación sistemática que consta na memoria
do título. A asistencia ás prácticas será obrigatoria. Valoraranse as
probas, exercicios, prácticas ou problemas realizados individualmente ou en grupo
ao longo do curso. Así mesmo, durante o desenvolvemento das actividades
realizadas na aula avaliarase a asistencia e participación do alumno en clase e
nos seminarios, e as súas achegas nas actividades desenvolvidas.

No
presentado

Obterá
a cualificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a que non se presente a
ningunha das probas obxectivas formuladas.

Segunda
oportunidade

O
sistema de avaliación descrito será de aplicación tanto en primeira como en
segunda oportunidade. Aquelas alumnos que non asistisen ás prácticas durante o
curso, poderán superar a materia unicamente coa cualificación obtida nunha
proba obxectiva, aplicando un factor corrector de 0,8 para calcular a nota
final.

Segunda
convocatoria e sucesivas

No
caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as
cualificacións obtidas en cursos anteriores. O sistema de avaliación será o
mesmo que en primeira convocatoria.

Matrícula
de honor

Poderán
optar a Matrícula de Honra os/as estudantes cunha media que supere o 9. Os/as
docentes da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados
obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía
docente.

Todos
os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación
ao estudo", "permanencia" e "fraude académica"
rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.