Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A9 B3 C3 C8 Asistencia obrigatoria.
Participación activa nas prácticas, caderno de prácticas e/ou proba mixta (15% da nota total)


15
Traballos tutelados A1 C3 C8 C9 Traballos escritos realizados polo alumno a partir dun tema recomendado polo profesor ou presentación de artigos científicos de forma individual ou en grupo. 10
Proba mixta A1 A9 B1 Exame escrito para valorar os contidos teóricos que consistirá en probas tipo ensaio e/ou obxectivas 75
 
Observacións avaliación

Sistemas de avaliación primeira e segunda
oportunidade: exame escrito da materia (75% da nota
final).Traballos/presentacións (10%). Prácticas (15%). Sistemas de cualificación:
numérico desde o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O
sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo
co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de
setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de
cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en
todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente9-10. Matrícula de Honra
(Graciable).

Oportunidade adiantada: proba mixta que abordará
todo o temario da materia.

Non presentado: considerarase "non
presentado" a calquera alumna ou alumno que non se presente a algunha das
probas mixtas.

En caso de facerse exames individualizados para
cada cuadrimestre, deberase obter unha nota mínima de 3.5 puntos sobre un
máximo de 10 en cada parte para que se poida facer a media de ambos os
cuadrimestres e aprobar a materia. No caso de non obterse un 3.5 nalgún dos
exames a materia estará suspensa, aínda que a media global supere os cinco
puntos, neste último caso a cualificación que figurará na acta será de
4.9. Se se suspende a materia, aínda tendo nalgún cuadrimestre 5 ou máis
puntos, os estudantes deberán examinarse da materia completa nas seguintes
oportunidades.

A proba mixta pode estar composta por calquera
das seguintes modalidades e/ou unha combinación de varias: preguntas de ensaio
(preguntas abertas de desenvolvemento), preguntas test de resposta múltiple
(podendo ser verdadeiras unha ou varias das respostas), preguntas de
ordenación, preguntas de resposta breve, preguntas de discriminación, preguntas
de completar, preguntas de asociación.

Enténdese que o alumnado universitario ten que
ter asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.
Polo tanto, será primordial e levarase a cabo obrigatoriamente a corrección
ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos
traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a
materia.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.