Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 B2 Corrección dos problemas propostos os alumnos para a súa realización autónoma. 15
Prácticas de laboratorio A2 C3 C5 Asistencia e Libreta de Laboratorio 2.5
Prácticas a través de TIC A2 C1 Asistencia e Folla de resultados acadados e o seu tratamento 2.5
Proba obxectiva A2 C8 Exame de Teoría e de Problemas. 67.5
Aprendizaxe colaborativa A17 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C8 C9 Traballos realizados polos alumnos en grupos e guiados polo profesor 10
Proba práctica A2 C1 C3 C8 Exame dos coñecementos e destrezas adquiridos no laboratorio 2.5
 
Observacións avaliación

As porcentaxes das cualificacións varian na parte de Biofísica e Bioquímica, aparecendo na táboa superior a media de ambas. Así, na mesma orde e de arriba abaixo, as porcentaxes de Biofísica son: 10, 5, 5, 70, 5 e 5%. E as de Bioquímica: solución de problemas 20, proba obxetiva 65 e Aprendizaxe colaborativa 15%.

A realización das prácticas de Biofísica é OBLIGATORIA polo que non se pode aprobar esa parte da materia sen facelas. Os alumnos que por RAZÓN XUSTIFICADA non poidan asistir ás sesións de prácticas poderán facer un
traballo equivalente acordado co profesorado.

Será necesario obter un mínimo de 4,5 sobre 10 na Proba obxectiva para poder sumar o resto das notas. A inasistencia as clases en mais dun 20% inhabilita ó alumno a ser evaluado, excepto que haxa unha causa xustificada a opinión do Profesor.

A nota final será o 50% de Bioquímica e o 50 % de Biofísica. Para superar a asignatura será necesario ter as duas partes aprobadas. O aprobado dunha parte en xaneiro conservarase ate o exame de xullo.

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas
modificacións dun curso a outro en función das necesidades da
materia; non obstante o valor do exame (teórico e práctico) non será
inferior ao 65% da nota final e o valor da evaluación continuada
(traballo non presencial) nunca será superior ao 35%.

"Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”