Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A7 B2 B3 B5 C1 C6 C9 Realizarase en grupos. O profesorado exporá as preguntas/temas/casos que han de ir resolvendo/preparando o alumnado.

Contabilizará ata un 20 % da nota final, que só se sumará en caso de ter aprobado o exames teórico e práctico de cada módulo.

A avaliación continuada poderase realizar durante as clases e, de non asistir, computará como un 0 de cara á nota final.

20
Proba mixta A3 A7 B1 B3 B4 C1 C6 O exame teórico contará o 50% da nota final. Poderá constar de preguntas de resposta aberta enfocada ao razoamento científico-clínico, preguntas curtas que aborden a capacidade de síntese e/ou tipo test.

Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada unha das probas (teórica e práctica).

Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima.

Se poderá facer un examen parcial, liberatorio dos contidos do primeiro módulo, se a dinámica da clase e o traballo do alumnado o permiten.
50
Proba práctica A3 A7 B2 B4 C1 C6 C9 O exame práctico contará o 30% da nota final. Constará de 1 o máis casos que se plantexarán ao alumnado para a súa resolución teórico-práctica.

Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada unha das probas (teórica e práctica).

Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima.

Poderá facerse un exame parcial, liberatorio dos contidos do primeiro módulo, se a dinámica da clase e o traballo do alumnado o permiten.
30
 
Observacións avaliación

A asistencia á clase práctica é moi recomendable e a asistencia menor do 80% debe estar ben xustificada e  impediría a valoración da aprendizaxe colaborativa, o uso de metodoloxías de traballo en equipo e/ou actividades de avaliación continuada que se puideran levar a caboA asistencia ás clases teóricas non é obligatoria pero a non asistencia  impediría a  realización de actividades adicionais de avaliación continuada que se poidan desenvolver ao longo do curso e que contarían na nota final. O alumnado a tempo parcial se someterá ás mesmas probas de avaliación que o alumnado de matrícula ordinaria, so que aquelas estipuladas de forma grupal, serán realizadas de forma individual se non ten asistido a clases habitualmente (80% ou máis) e non terá dereito ás actividades adicionais de avaliación continuada se non acude a esas clases.

A nota final da materia será a MEDIA entre os dous módulossempre e cando se superen ambos os dous (condición indispensable ter aprobados ambos os dous módulos para facer media) tendo en conta que só se suma a nota da aprendizaxe colaborativa se se sacou polo menos un 5 (sobre 10) tanto nas proba prácticas como no teóricas. Polo tanto, a materia so estará superada sempre e cando se teñan superados ambos módulos, tendo obtido polo menos o 50% da calificación máxima en cada unha das partes avaliadas (teórica e práctica) e a nota media, tras sumar a porcentaxe da avaliación continuada, acade ou supere o 5 sobre 10. 

A xuicio do profesorado, e segundo transcurra a dinámica da clase e do traballo do alumnado, poderá realizarse un parcial liberatorio da materia do primeiro módulo. 

A porcentaxe asignada a cada proba pode sofrir pequenas modificacións en función das variaciones externas que incidan sobre a materia, non obstante nunca será inferior ao 50% no caso do exame teórico e o 30% no caso do práctico.

Tódolos aspectos relacionados coa "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica", rexeranse dacordo coa normativa académica vixente da UDC.