Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto de forma presencial como a través do canal de Teams da materia, Campus Virtual ou do correo electrónico; e poderá aplicarse a través de diferentes modalidades e contextos:

- A través de tutorías, especificamente solicitadas polo/a estudante ou grupo de estudantes, para resolver cuestións relativas a calquera dos aspectos incluídos na guía docente.

- Durante a realización das prácticas de laboratorio, o/a estudante recibirá un feedback da execución de tales prácticas, e poderá resolver todas as dúbidas relativas ás mesmas.

- Durante a realización dos talleres a profesora guiará aos estudantes no proceso de razoamento clínico para levar a cabo o estudo dun caso clínico.

- Durante a realización do estudo do caso clínico, os "grupos de traballo" contan co seguimento por parte da profesora a través da revisión continuada da progresión da tarefa.

- A través do Campus Virtual, crearase un foro de dúbidas para cada tema onde os/as estudantes pode lanzar as súas preguntas e/ou establecer debate entre profesora/estudantes ou entre os/as estudantes.