Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS | Código | 651G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A4 A5 A17 C1 C3 C9 | Criterios de avaliación: - cumprimento de todos os requisitos para a súa elaboración, presentación e entrega - veracidade dos datos - calidade do material fotográfico e audiovisual - presentación xeral do traballo e defensa do mesmo - capacidade de traballo en grupo - puntuación dada polo resto de estudantes (intra e intergrupos) |
25 |
Prácticas de laboratorio | A3 A4 A5 A7 A12 A17 B2 C1 C3 C6 C9 | A asistencia e participación activa a todas as prácticas de laboratorio terán un valor correspondente ao 5% da nota. Só se aceptarán como faltas xustificadas aquelas que conten cunha evidencia certificada. Non se aplicará esta porcentaxe si hai mais de duas faltas (xustificadas ou non xustificadas). |
5 |
Sesión maxistral | A3 A4 A5 A7 A12 A17 B1 B3 B4 B5 C1 C3 C6 | Considerase o cumprimento dos "cuestionarios de seguimento", que se realizarán a través da ferramenta Forms. Tales cuestionarios entregaranse en datas o chou o longo do cuatrimestre durante as sesions maxistrais. Terán un valor correspondente ao 5% da nota. |
5 |
Proba mixta | A3 A7 C1 | A proba mixta correspóndese ao exame teórico da materia. Esta proba constará de dous partes: - preguntas tipo test de resposta simple - e un suposto clínico sobre o que se exporán 10 preguntas curtas. Criterios de avaliación: - no test, por cada 2 respostas mal restarase unha ben (ou por cada resposta incorrecta restarase 0,5) - para avaliar o suposto clínico será imprescindible alcanzar unha nota igual a 5,5 sobre 10 nas pregúntas tipo test - cada parte da proba mixta (test / suposto clínico) representa o 50% da nota total da devandita proba. Vinculación coa PROBA PRACTICA: considerarase liberada a materia, única e exclusivamente, se se alcanza unha nota de 5/10 en cada proba (tanto no exame teórico como no exame práctico). E, será indispensable presentarse a ambas as probas para que poida avaliarse a suma de todas as metodoloxías. A proba mixta e a proba práctica terán un valor do 60% da nota total da materia (30% cada proba). Só se reservará o aprobado nunha parte da materia (teórica ou práctica) para a convocatoria inmediatamente seguinte á que se aprobou dita parte, para o curso académico no que se atopa matriculado o/a estudante. Exemplo: de xuño para xullo. |
30 |
Proba práctica | A3 A4 A5 C1 | A proba práctica correspóndese co exame práctico da materia. O/a estudante deberá desenvolver total ou parcialmente algunha práctica das estudadas durante as clases prácticas de laboratorio e/ou durante os talleres. Esta proba constará de 2 preguntas. Pedirase ao alumno/a que elixa ó chou 2 números que se corresponderán con números asignados a unha lista previa de preguntas prácticas. Criterios de avaliación: - integración de coñecementos teórico-prácticos - adquisición da aprendizaxe psicomotor: postura; abordaxe (tomas / contratomas); execución da técnica; destreza e control da actividade - adquisición da aprendizaxe subxectiva: comportamento, confidencialidade, uso apropiado da linguaxe, responsabilidade - tempo de resposta. Puntuación: véxase proba mixta |
30 |
Obradoiro | A5 A17 C1 C9 | Criterios de avaliación: - asistencia ao obradoiro - participación activa - media do cuestionario Forms sobre os contidos do obradoiro |
5 |
Observacións avaliación | |||
Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico. "Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” |