Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...). |
A3 |
Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa. |
A4 |
Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural. |
A5 |
Desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado. |
A6 |
Organizar o ensino no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, empregando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares, axeitados ao respectivo nivel educativo. |
A7 |
Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC. |
A18 |
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. |
A28 |
Planificar as actividades educativas en función da progresiva cohesión-integración do grupo, clase, contorno (adaptación, consolidación, cohesión...). |
A38 |
Deseñar, aplicar e avaliar actividades, materiais e outros recursos que fomenten a creatividade infantil. |
A40 |
Ser quen de fomentar o interese polo medio natural, social e cultural e promover comportamentos respectuosos. |
A46 |
Fomentar á iniciación no emprego das TIC. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B13 |
Capacidade para actuar de xeito sostible na defensa do medio ambiente. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |