Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Inclusión educativa e práctica psicopedagóxica | Código | 652511201 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Terán por obxecto indagar sobre os coñecementos previos e a motivación do alumnado sobre a temática de cada unidade ou bloque temático. |
Presentación oral | Dos conceptos chave de cada bloque temático e unidade . Da estructura e oganización dos contidos esenciais. Dos casos, informes e textos sobre os que se desenvolverá o traballo grupal e individual. |
Discusión dirixida | Tomando como base as lecturas indicadas no seminario, os casos prácticos estudados ou as indagacións que o alumnado realiza sobre as temáticas previamente fixadas, levarase a cabo unha discusión dirixida que ten como fin construír unha aprendizaxe significativa na que o alumnado revise, cuestione e faga seu o coñecemento. |
Estudo de casos | Ten por obxecto relacionar o coñecemento teórico e práctico sobre a problemática da inclusión educativa. Permite analizar aspectos de avaliación diagnóstica e detección, tratamento individualizado e adaptacións do curriculum tanto desde unha perspectiva individual como institucional. |
Seminario | Será o núcleo principal da actividade presencial. Búscase unha participación informada do alumnado que se documentará previamente seguindo as orientación bibliográficas facilitadas. |
Simulación | Cada equipo de forma autónoma, seleccionará un tópico, un tema que consideran que pode estar de actualidade na práctica psicopedagóxica, por ser unha barreira para a inclusión do alumnado. Esta simulación reproducirase na aula mediante unha dramatización ou un video. Consta dos seguintes apartados: presentación da situación problemática, simulación da abordaxe e búsqueda de solución do equipo docente/DO/distintos axentes da comunidade educativa e realización dunha proposta adaptada á situación. |
Lecturas | As lecturas máis esenciais serán facilitadas con antelación á realización de cada sesión. O alumnado orientado pola bibliografía facilitada na materia, complementará estas lecturas coas da súa elección, utilizando bases de datos de calidade contrastada. A lectura é indispensable para propiciar unha discusión académica apropiada ao nivel do mestrado. Valorarase a súa incorporación nas distintas actividades de avaliación |