Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria incorporarase a perspectiva de xénero.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. Nas referencias bibliográficas procurarase facer visible a presencia femenina mediante unha citación xusta.
Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |