Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exporanse de forma oral en pequeno grupo algúns dos contidos traballados durante o curso.
Estudo de casos Analizaranse casos ficticios o máis achegados á realidade pretendendo a súa avaliación e intervención.
Aprendizaxe colaborativa Será fundamental aprender a colaborar así como as prácticas de debate e análise conxunta co obxecto de acadar a aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais O profesor proporá a análise de diversas fontes documentais (lecturas, vídeos, programas, etc.) relacionadas cos trastornos do desenvolvemento
Actividades iniciais Realizarase unha dinámica de grupo para coñecer mellor as competencias, coñecementos e intereses do alumnado
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. Debateranse temas de interese para a materia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.