Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Intervención psicopedagóxica nos trastornos do desenvolvemento | Código | 652511213 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Presentación oral | Exporanse de forma oral en pequeno grupo algúns dos contidos traballados durante o curso. |
Estudo de casos | Analizaranse casos ficticios o máis achegados á realidade pretendendo a súa avaliación e intervención. |
Aprendizaxe colaborativa | Será fundamental aprender a colaborar así como as prácticas de debate e análise conxunta co obxecto de acadar a aprendizaxe colaborativa |
Análise de fontes documentais | O profesor proporá a análise de diversas fontes documentais (lecturas, vídeos, programas, etc.) relacionadas cos trastornos do desenvolvemento |
Actividades iniciais | Realizarase unha dinámica de grupo para coñecer mellor as competencias, coñecementos e intereses do alumnado |
Discusión dirixida | Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. Debateranse temas de interese para a materia. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Resumo | Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. |