Análise de fontes documentais |
A6 A11 B5 B7 B11 C1 C6 |
Valorarase, a través dunha rúbrica, elaborada expresamente para a avaliación desta metoloxía, atendendo a criterios relativos á riqueza e pertinencia das fontes bibliográficas, á capacidade de síntese, precisión e expresión escrita correcta, e ao correcto emprego das Normas APA 7ª ed.
A actividade levarase a cabo en grupos e presentarase como "Introducción" ao estudo de casos que será entregado ao final do cuadrimestre.
|
10 |
Proba obxectiva |
A6 B5 B10 B11 B12 C1 C6 |
Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos mediante unha proba que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, ordenación, resposta breve, discriminación, completar e/ou asociación, ou ben pódese construír con un só tipo dalgunha destas.
Os tipos de preguntas seguirán o seguinte sistema de corrección:
- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.
- Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1).
- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
- Preguntas de asociación e completar: cada erro resta a metade dun acerto.
Nota importante: Para a superación da metodoloxía “proba obxectiva” é requerido que o estudante obteña un 5. No caso de non acadar esta cualificación, non se terá en conta a avaliación continua. No caso de suspender, na convocatoria da 2ª oportunidad, non se terá en conta a avaliación continua.
|
50 |
Estudo de casos |
A9 B5 B10 B11 B12 C6 |
Cada grupo de estudantes traballará con casos ao longo de todo o cuadrimestre. Deberá ir aplicando, de forma progresiva, os coñecementos teórico-prácticos desenvolvidos nas sesións expositivas a problemas reais, que presentará por escrito e de forma oral, e que será valorado a través dunha rúbrica elaborada expresamente para a avaliación desta metodología.
Terase en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan. |
40 |
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA: - Asistir a clase. A asistencia a clase é
obrigatoria nun 80% das sesiones.
- Participar na clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia)
supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do
tempo de clase.
- Realizar
todas as actividades obrigatorias que computan na avaliación final da materia;
isto é: a proba obxectiva (final e/ou parciais), a análise de fontes
documentais e os estudos de casos.
- Acadar
o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar
a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o
estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación
final será de 4 puntos.
- Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario
presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a
ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán
unha calificación final de suspenso.
- Realizar as actividades propostas, aproveitando e
optimizando o tempo que se destina na aula
- Realizar
traballos de carácter orixinal. O incumprimento das normas éticas na
realización de traballos académicos suporá unha calificación de 0 puntos na
mesma e, polo tanto, dará lugar a unha calificación final de suspenso. Baixo
ningunha circunstancia aceptaranse traballos parcial ou totalmente extraídos
doutras fontes que non foran debidamente citadas.
MODALIDADES DE AVALIACIÓN
Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas
circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en
conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado:
- Avaliación continua: modalidad de
avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel
que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como
prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial:
- Alumnado asistente: Será
evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das
diversas prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaliación (análise
de fontes documentais, estudos de caso) que será entregado nas datas establecidas
pola docente. De forma complementaria, someterase a avaliación final mediante “proba obxectiva”.
- Alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime
de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e
mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de
Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que
este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando unha
titoría na que lle informará sobre o xeito en que se desenvolverá o proceso de
aprendizaxe. Realizará as actividades de forma individual, e a súa avaliación
consistirá na entrega das prácticas establecidas dentro das metodoloxías de
avaliación (de maneira autónoma, e cunha ponderación de 60%) e a avaliación
final por medio da proba obxectiva (40%), podéndose someter ás avaliacións
continuas e final nas mesmas condicións que o alumnado non asistente, sempre que cumpra
os prazos establecidos pola docente.
- Avaliación
final: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel
que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%). Recoméndaselle a
realización das actividades prácticas (análise de fontes documentais, estudo de
casos) de modo autónomo, e acoder regularmente a titorías para a consulta de
dúbidas sobre as mesmas. Será avaliado mediante proba obxectiva na que se
introducirán (a) preguntas relativas aos contidos das actividades realizadas
polo alumnado na modalidade de avaliación continua (60%) e (b) preguntas
referidas aos contidos teóricos da materia (40%).
As
metodoloxías que se teñan aprobadas na primeira oportunidade non se gardarán
para a segunda oportunidade (xullo) do ano en curso.
A avaliación adiantada rexerase polo mesmo procedemento de avaliación que o especificado na 1ª e 2ª oportunidade aplicable ao alumnanado "non asistente".
|