- Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da sua realización. -
As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación
suficiente para a súa realización, polo que, logo de seren consensuadas
no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais, estas son inamovibles. -
Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado
todos os traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a
figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade
das propostas de aprendizaxe. - Os traballos escritos
presentaránse paxinados, grapados e ben identificados (nome do
alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor). Non é
necesario encadernación, fundas de plástico, aneis ou
deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se
entregue. -Sobre a entrega dos traballos, recoméndase a non impresión de borradores, o
uso de medios telemáticos e, de non ser posible, as impresións a dobre
cara en papel reciclado. Sobre este aspecto, o profesor dará oportunas
indicacións se é do caso.
-O alumnado de modalidades
específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, ou que teña recoñecida dedicación ao estudo a tempo parcial ou calquera outra situación excepcional, deberá informar debidamente da súa casuística ao profesor, e coa debida acreditación. Debe facerse NO INICIO DO CURSO,
a efectos de poder adaptar a súa situación individual ás esixencias
curriculares da materia, poder cumprir os criterios de avaliación aos
que se someta o resto do alumnado e garantir a necesaria igualdade de
condicións no proceso de aprendizaxe e de oportunidades na avaliación da
materia. Excepcionalmente, no caso de que o /a
estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar
todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas
que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación -
No caso de estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma,
o profesor arbitrará as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade
Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI). - O alumnado de
segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o
100% da cualificación, baseada nos contidos da materia.- O calendario de titorías está exposto no lugar
oficial da web da Facultade e na cortiza de anuncios da porta do
despacho. (Despacho P0B16, Telf. 981167100 Ext. 4615) |