Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións | Código | 652512205 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | B2 B3 B7 B10 | Analizaranse fontes documentais relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o alumnado. Os pasos a seguir son: documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula…. | 20 |
Presentación oral | B2 B3 B7 | Exposición oral dos traballos realizados. | 10 |
Aprendizaxe colaborativa | B8 C7 | Realizaranse traballos en grupo relacionados con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o alumnado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula…. | 20 |
Proba obxectiva | B3 B10 B12 B14 B15 B16 B17 C7 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
40 |
Discusión dirixida | B2 B3 B13 B14 B15 B18 C3 | Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. | 10 |
Observacións avaliación | |||
ASISTENCIA: A asistencia ás sesión presenciais é obrigatoria (> 80%). O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado á clase.
Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para esto, fai falta solicitar unha tutoría, antes ou inmediatamente despis do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividade de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento. REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA: - Acalificación final será o resultado da puntuación obtida nas actividades realizadas (prácticas a través de TIC, solución de problemas), a asistencia a clase (ata un máximo de 1 punto) e da proba mixta, sendo indispensable obter a metade da cualificación en cada parte para superar a materia. Se un/a alumno/a non obten o mínimo nalgunha das parte da materia, terá unha calificación de 4 (calquera que fora a súa cualificación) na 1ª oportunidade. - Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contenidos tratados na aula. PLAXIO: o plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, será motivo de suspenso. FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Firmar na folla de asistencia por un/unha compañeiro/a ausente será penalizado coa perda da avaliación continua. COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exámenes tamén será motivo de suspenso. |