Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A13 A17 B2 B3 B5 B11 B12 B13 C3 Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. 30
Presentación oral B4 B6 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 30
Traballos tutelados A2 A3 A9 C4 C5 C11 C12 C13 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
As características propias do traballo explicaranse no transcurso das clases.
40
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario aprobar cada un dos
apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.

A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as)
entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo
realizado.

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases
presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha
proba individual. Neste caso, os ítems da avaliación e o traballo terán unha ponderación do 50%, esixíndose en
cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos
exames como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación,
así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, etc. Todo elo suporá a redución de puntos
sobre a nota
obtida.

Nesta materia, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún
traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.


Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,
“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude
académica”
 rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC
(https://www.udc.es/es/normativa/academica/).