Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B4 B5 C1 C9 Intervención baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado. Cada grupo deberá expor o seu traballo tutelado e responder as consideracións e preguntas realizadas polo profesorado da materia e os seus propios compañeiros. 20
Traballos tutelados A3 A15 A17 B1 B2 B8 C4 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Cada grupo deberá realizar un traballo seguindo os criterios que serán indicados polo profesorado da materia. 60
Proba mixta A3 A10 C1 C3 C10 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Utilízase en dinámicas de clase para comprobar o nivel de asimilación dos contidos e propoñer ao alumnado problemas que teñen que resolver utilizando os recursos vistos na clase. Poderán plantexarse de forma individual ou grupal, según o criterio dos docentes.
20
 
Observacións avaliación

Observacións
relevantes para a 1ª oportunidade:
Para que o alumnado sexa avaliado segundo os
criterios anteriores deberá participar polo menos no 80% das sesións. Se o
estudante non alcanza este nivel de participación, será avaliado polo traballo
tutelado e por unha proba individual. Neste caso, os dous ítems de avaliación
(traballo e proba individual) terán unha ponderación do 50%, solicitándose en
cada un deles unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Observacións
relevantes para a 2ª oportunidade
Este sistema de avaliación será o mesmo que para a 1ª oportunidades,
entendéndose que o alumnado que alcanzase os requisitos de participación, ten
dereito a ser avaliado novamente a través do traballo tutelado e da exposición
oral. As probas mixtas realizadas na clase non poden realizarse na segunda
oportunidade, polo que se conservarán as súas puntuacións no caso de superar o
50% deste apartado de avaliación. De non ser o caso, o seu valor repartirase
entre o traballo tutelado (que pasará a un valor do 70%) e a presentación oral
(que pasará a un valor de 30%). Na segunda oportunidade, poderase solicitar ao
alumnado que realice ambos de forma individual.

As dúas opcións
de avaliación son aplicables aos alumnos con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial, en función de se alcanzan ou non o 80% de participación nas
sesións da materia.

Aqueles alumnos
con dispensa académica de exención de asistencia terán que avaliarse a través
do traballo tutelado e a proba individual, cunha ponderación do 50%,
solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para
aprobar a materia.

Oportunidade
adiantada:
os
criterios e actividades de avaliación e o seu peso na avaliación global, son os
mesmos que na 2ª oportunidade.

A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade se fose
necesario.

A metodoloxía
“Saídas de campo” está suxeita á posibilidade de garantir as medidas de
seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade
adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de aula ou mesmo
virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías
incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativo”, “Sesión maxistral”,
“Presentación oral”, “Traballos tutelados”).

Os traballos
desta materia entréganse preferentemente por vía electrónica, buscando o uso
sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural. O mesmo obxectivo tamén se perseguirá coas excursións, tratando en
todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na materia
facilitarase a plena integración dos estudantes que, por motivos físicos,
sensoriais, mentais ou socioculturais, experimenten dificultades nun acceso
adecuado, igualitario e útil á vida universitaria.

Ademais, debe
incorporarse nos traballos e exposicións desta temática a perspectiva de
xénero.

A ortografía
(ortografía, acentuación e puntuación), a corrección gramatical e léxica nos
traballos realizados é condición imprescindible e necesaria para aprobar a
materia.

Todos os aspectos
relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia”
e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da
UDC
.