Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A8 A15 B4 B6 C7 C8 C13 O alumnado terá que facer a presentación oral e defensa do seu Traballo Fin de Mestrado, ante o tribunal asignado.
Terase en conta a corrección na expresión oral, capacidade de síntese, capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que os membros do tribunal lle poidan formular.
40
Traballos tutelados A5 A6 A8 A11 A13 A15 A16 A18 B1 B2 B7 B8 B9 C2 C5 C6 C7 C8 C11 O TFM será avaliado por un tribunal que será nomeado pola comisión do Mestrado, formado por tres profesores/as do equipo docente do título. Nesta avaliación terase en conta o rigor, a adecuación ao formato esixido, a incorporación das referencias bibliográficas oportunas, a fundamentación teórica, a coherencia, a orixinalidade e os resultados e conclusións, e todos aqueles que se especifiquen no documento marco. 60
 
Observacións avaliación

O estudante deberá exponer o traballo e defendelo ante un tribunal que será nomeado pola comisión do mestrado.
Para defender o traballo fin de mestrado será necesario haber superado as totalidade dos demáis créditos do título

Na realización do TFM terase en conta a expresión e tamén a ortografía. 

O
alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou
defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.



Para a avaliación dos TFM
constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do mestrado) por cada
unha das especialidades. Cada un estará formado por tres membros titulares e un
ou dous/dúas suplentes. O/a director/a do TFM non poderá formar parte da
tribunal avaliadora correspondente, sempre e cando os recursos humanos o
fixeren posible.

Finalizadas todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal
publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado e/ou na APP
de TFM.

En relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a cualificar
o traballo realizado coa nota media das cualificacións emitidas por cada un dos
membros. A cualificación poderá ser: a) Non presentado; b) Suspenso: de 1 a
4.9; c) Aprobado: de 5 a 6.9; d) Notable: de 7 a 8.9; e) Sobresaliente: de 9 a
10 


A
mención de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros
do tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade.

Esta avaliación é a mésma para a primeira e a segunda oportunidade. No caso da oportunidade adiantada aplicarase o modelo de avaliación que o
alumnado tivera no curso anterior



"A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario".

O plaxio ou a utilización de textos procedentes de internet sen identificar, serán motivo de suspenso en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE GRADOS E MÁSTER, aprobadas polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificadas o 29 de xuño de 2017. Concretamente, la realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. 

En calquera os aspectos relacionados con
“dispena académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude
académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.