Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B4 B6 B8 C1 O traballo tutelado presentarase na clase. Valoraranse as seguintes cuestións:
- Grao de elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un uso adecuado e rigoroso da linguaxe.
- Capacidade de síntese e de distribución do tempo de exposición, facendo fincapé nos aspectos clave para entender o interese do traballo.
- O material que se emprega na presentación é visualmente organizado, pertinente e atractivo.
- Resolución, concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios formulados polo profesorado / alumnado.
20
Aprendizaxe colaborativa A7 A12 A13 A18 B1 B2 B4 B5 B6 B12 B13 C1 C4 C7 C10 C11 C13 Valorarase a participación activa, interese, actitude positiva, etc nas tarefas realizadas nas sesións presenciais, e/ou a calidade e orixinalidade nas entregas requeridas, tanto de forma grupal como individual. 10
Traballos tutelados A7 A10 A12 A13 A14 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C5 C7 C10 C11 C13 O Traballo tutelado servirá para obxectivar os coñecementos e as habilidades adquiridas polo alumnado nas actividades que se fixeron ao longo do desenvolvemento da materia. Valorarase a inclusión de aspectos relevantes e a capacidad analítica e interpretativa do estudantado respecto ás situacións planteaxadas.
Entregarase un traballo escrito a través do campus virtual para a súa avaliación.
70
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade (febreiro).

Alumnado que acude ao 80% das sesións:

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Aprendizaxe colaborativa. Nas sesións presenciais desenvolveranse distintas tarefas en pequenos grupos. A súa asistencia é obrigatoria e son non recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á participación activa do alumnado nas sesións presenciais, e/ou á calidade e orixinalidade nas entregas requeridas polos docentes de cada sesión (tanto de forma grupal como individual). De non acadarse o 80% de asistencia, o alumnado pasará a avaliarse como non presencial, polo que este apartado non lle suporá ninguna puntuación. Supón un 10% da cualificación final.
  • Traballo tutelado. Realizarase, obrigatoriamente, un traballo tutelado en pequenos grupos. O traballo será entregado a través do campus virtual. As características e data de entrega serán comunicadas o primeiro día de clase. Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo electrónico. Presentaranse na aula; de non facelo, a cualificación será de 0. Supón un 70 % da cualificación final.
  • Prresentación oral do traballo tutelado. Supón un 20% da cualificación final. Valoraranse as seguintes cuestións:

- Grao de elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un uso adecuado e rigoroso da linguaxe.

- Capacidade de síntese e de distribución do tempo de exposición, facendo fincapé nos aspectos clave para entender o interese do traballo.

- Emprego de material que sexa visualmente organizado, pertinente e atractivo.

- Resolución, concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios formulados polo profesorado / alumnado.


Segundo o establecido no artigo 12º de la “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de realización de probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe destacar que só se refire ás probas que se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico, polo que quedan expresamente excluidas as probas de avaliación continua que se realicen fóra de dito período. Por este motivo, non se aceptarán documentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesións.

Para obter unha cualificación de aprobado/a, é imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos apartados (aprendizaxe colaborativa, traballo tutelado e presentación oral). A cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte suspensa.

Se o alumnado aproba a aprendizaxe colaboratoriva e/ou os traballos tutelados e/ou a presentación oral, estas cualificacións gardaranse para a segunda oportunidade.

Alumnado que NON acude ao 80% das sesións:

Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primeira semana de clase.

A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Traballo tutelado. Realizarase, obligatoriamente, un traballo tutelado de forma grupal (formarán grupos entre o alumnado non asistente). O traballo será entregado a través do campus virtual, as características e data de entrega serán comunicadas o primeiro día de clase. (Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo electrónico). Presentaranse virtualmente; de non facelo, a cualificación será de 0. Supón un 50 % da cualificación final.
  • Proba  escrita de avaliación relacionada cos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das diferentes sesións. Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade. Supón un 50 % da cualificación final.

Segunda oportunidade (xullo).

A avalicación farase do mesmo xeito que na oportunidade de febreiro, téndose que recuperar únicamente os apartados que se teñan suspensos (traballo tutelado e/ou proba escrita individual).

Tanto no caso dos/as asistentes ao 80% das sesións, o alumnado que non acuda ao 80% das sesións, a cualificación final será en base á media ponderada das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías, sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada.

Se o alumnado aproba as tarefas de aprendizaxe colaborativa e/ou o traballo tutelado, estas cualificacións gardaranse durante un curso académico. A cualificación da proba escrita non se garda para o seguinte curso académico.

Oportunidade adiantada.

Rexerase polo modelo de avaliación que o alumnado tivera no curso anterior (alumnado que acudiu ao 80% das sesións ou alumnado que non acudiu ao 80% das sesións).

Se no curso anterior o alumnado ten realizadas e aprobadas as tarefas de aprendizaxe colaborativa e/ou traballo tutelado, nesta convocatoria só terá que realizar a proba escrita.

NOTAS XERAIS:

· É primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

· Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.