Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 Valorarase a clararidade, a habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 15
Aprendizaxe colaborativa A8 A13 A17 B2 B3 B12 C3 C4 C7 Valorarase as comunicacións e a intervención na aula como o traballo diario e recollido na aula. 30
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A16 A17 A18 B8 B13 C1 C3 C4 C5 C6 Valorarase a metodoloxía, os resultados, a argumentación, as conclusións e a dificultade do tema elexido.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 7ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://infoguias.biblioteca.udc.es/citas_referencias/plagio
Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento."
55
 
Observacións avaliación
A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria.

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais será avaliado como sigue:
- por unha proba individual (exame) que será un 50% da cualificación, e

- un traballo de investigación individual que será un 50% da cualifiación final.
Tendo en conta que a cualificación mínima para que estas dúas partes compute na cualificación final sexa de 5.

Esta avaliación é extensiva para aquel alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia.
Todos os aspectos relacionados ca dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

As actividades de avaliación nas diferentes oportunidades serán as mesmas tendo en conta os requisitos anteriormente expostos, recuperando as actividades suspensas correspondentes na 2ª oportunidade ou se corresponde na oportunidade adiantada.

Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención
en clase de alumnos e alumnas...)
Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna
para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.