Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe. Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

A realización dos diferentes proxectos artístico-creativos realizados en equipos de traballo será supervisada polo profesorado durante as sesións presenciais, pero tamén mantendo unha comunicación aberta por correo electrónico co alumnado. No caso do alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia, os proxectos desenvolveranse a título individual, contando cunha adaptación acorde a súa condición académica: o profesorado brindará o seu apoio telemático para a explicación de cada tarefa plantexada (proxectos adaptados) e manterá unha comunicación aberta por correo electrónico co devandito alumnado.

Para o correcto desenvolvemento das sesións e das tarefas acometidas NON será necesario posuir coñecementos específicamente musicais nin tecnolóxicos por parte do alumno/a. As propostas adquieren un carácter inclusivo, sendo adaptadas ao perfil do/a estudante. O software empregado nas sesións e na realización das tarefas será libre.