Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A7 A8 A16 A17 B1 B2 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C10 C11 C13 Alumnado presencial: avaliarase a creatividade e o desempeño técnico-dixital (grao de adecuación técnica, sonora, visual e/ou expresiva) de 5 proxectos artístico-creativos desenvoltos en equipos de traballo (10% da cualificación da materia por cada traballo).
- Os envíos realizaranse nas datas previstas.
- Os proxectos avaliaranse mediante rúbricas previamente compartidas co alumnado.
- O profesorado dispoñerá das súas horas de titoría para a aclaración e/ou explicación das mesmas.

Alumnado con adicación a tempo parcial e dispensa: avaliarase a creatividade e o desempeño técnico-dixital (grao de adecuación técnica, sonora, visual e/ou expresiva) de 3 proxectos artístico-creativos adaptados, desenvoltos individualmente (16.7% da cualificación da materia por cada traballo).
- Os envíos realizaranse nas datas previstas.
- Os proxectos avaliaranse mediante rúbricas previamente compartidas co alumnado.
- O profesorado dispoñerá das súas horas de titoría para a aclaración e/ou explicación das mesmas.
50
Discusión dirixida A1 A2 A3 A8 A9 A11 A12 A16 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 B13 C7 C8 C10 C11 C13 Avaliarase o grao de profusión, e espírito reflexivo dos comentarios persoais no Feed.
- O Feed proporciona un espazo dixital de debate colectivo sobre unas liñas temáticas presentadas polo profesorado, en relación cos 5 proxectos artístico-creativos realizados na aula.
- O seu cumprimento é voluntario.
- A detección no uso de ferramentas de IA será penalizado.
10
Obradoiro A3 A7 A8 A17 B1 B2 B6 B8 B9 C2 C3 C4 C6 C10 C11 Alumnado presencial: avaliarase a inventiva e a capacidade na toma de decisión en grupo dos/as estudantes na superación de retos lúdicos promovidos na propia exposición de 4 proxectos artístico-creativos (10% da cualificación da materia por cada reto).
- A resolución de cada reto contará cunha previa explicación e cun tempo de traballo colaborativo na aula.
- Os retos avaliaranse cunha lista de control (cumple / non cumple) previamente compartidas co alumnado.

Alumnado con adicación a tempo parcial e dispensa: os retos serán sustituidos por unha explicación breve do proceso creativo inherente a cada un dos 3 proxectos artístico-creativos desenvoltos individualmente (13.3% da cualificación da materia por cada exposición).
40
 
Observacións avaliación
De acordo co disposto no artigo 5 do Real decreto 1125/2003, do 5
de setembro, que establece o sistema europeo de créditos e o sistema de
cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en
todo o territorio nacional, os resultados obtidos polo alumno en cada unha das
materias do plan de estudos cualificaranse en función da seguinte escala
numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que poderá engadirse a súa
correspondente cualificación cualitativa: 0 - 4,9: Suspenso (SS); 5,0 - 6,9:
Aprobado (AP); 7,0 - 8,9: Notable (NT); 9,0 - 10: Sobresaliente (SB). A mención
de "Matrícula de honra" poderá ser concedida a alumnos que obtivesen
unha cualificación igual ou superior a 9.0. 

No caso do alumnado con recoñecento de adicación a tempo parcial,
os tempos de entrega finais das tarefas promovidas coincidirá ca data de exame
oficial establecida no calendario da titulación. Considerarase como non
presentado (NP) aquel alumnado que, estando matriculado nunha materia, non
concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o
curso académico.  

A cualificación dos estudantes na segunda oporunidade axustarase a
realización do mesmo tipo de entrega individual (3 traballos tutelados, cas
respectivas exposicións). 

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos
exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e
acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente
presentación, excesivo número de riscadas etc. Todo iso supoñerá redución de
puntos sobre a nota obtida.  

No caso que o profesorado detecte realización fraudulenta
(plaxio) nas probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no
artigo 14.4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e máster universitario: "Na realización de traballos,
o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a
través de internet sen indicación expresa da súa procedencia e, de ser o caso,
o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de
suspenso na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento". Nesta materia se o profesorado detecta plaxio nalgunha das
probas supoñerá un 0 na cualificación. En caso de reiteración, darase traslado
á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas. Enténdese tamén por
plaxio un uso inadecuado de ferramentas de intelixencia artificial. 

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha
educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente de
maneira telemática, e de non ser posible, nos documentos impresos non se
empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado,
evitando imprimir borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade
nos comportamentos persoais e profesionais. Para iso, sempre que sexa posible
na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. 

Tal e como se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as
de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnas e
alumnos...).

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/)