Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 B1 C3 C6 Para comprobar os coñecementos adquiridos na materia o alumnado terá que realizar un traballo en microgrupo de 2-3 persoas. Unha vez finalizado o traballo presentaranse na aula para a súa avaliación por parte do docente. Nos traballos valorarase a innovación, a creatividade, a orixinalidade, a funcionalidade e a aplicabilidade.
100
 
Observacións avaliación

Alumnos que asisten a máis do 80% das clases

Terá que facer un traballo tutelado que se cualificará co 100% da nota. A cualificación incluirá a defensa do traballo na aula así como a avaliación do texto e do propio contido do traballo. Para a elaboración do traballo seguiranse as normas publicadas en Moodle na presentación da materia. Os alumnos que non superen este traballo cun 5 poderán aprobar a materia na segunda oportunidade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia

O alumnado que non acade o 80% da asistencia a clase ou non asista e teña unha dispensa ou exención académica de asistencia realizará un exame sobre os contidos da materia na data oficial de realización do exame.

Oportunidades adiantada: A avaliación rexirase polo modelo de avaliación correspondente ao curso precedente.  

1ª Oportunidade: Todos os estudantes con exención académica, a tempo parcial ou que non acaden o 80% de asistencia, poderán realizar na primeira oportunidade un exame final que suporá o 100% da nota da materia.

2ª Oportunidade: Os estudantes poderán acceder a esta oportunidade, tanto con como sen exención académica. A avaliación consistirá nun exame que computará para a cualificación final da materia co 100% da mesma.

Normativa do traballo

En relación coa redacción de traballos, estes non poderán conter plaxio, considerado este como a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerado causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar.

A fin de garantir os obxectivos do Green Campus, os traballos entregaránse sempre vía online en formato electrónico evitando o consumo de papel e plásticos.

 A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Nota: Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”    https://www.udc.es/es/normativa/academica/