Primeira oportunidade: (a) Alumnado asistente: o que cumpra co requisito de asistencia dun 80% das sesións. Será avaliado seguindo os criterios propostos para a "Avaliación" da materia, sendo necesario que realice e supere as distintas actividades do portafolio. (c) Alumnado non asistente: aquel que non cumpre una asistencia mínima do 80%. Será avaliado unicamente a través dunha proba mixta, esta proba conterá dúas partes, unha delas (50%) referida a preguntas sobre os contidos prácticos da materia e a outra (50%) na que se avalíen os contidos teóricos con preguntas obxectivas. Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia. Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitándose o uso de plásticos. Ademais recoméndase a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatoria. Alumnado con recoñecemento de dispensa académica Dacuerdo co establecido na “NORMA QUE REGULA EL RÉGIMEN DE DEDICACIÓN ALESTUDIO Y LA PERMANENCIA Y la PROGRESIÓN DE LOS ESTUDIANTES DE GRADO Y MÁSTEREN LA UNIVERSIDAD DE LA CORUÑA (aprobado por el Consejo Social de 04/05/2017): 1.Deberá poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fose posible, nun prazo non superior a 7 días despois de haber sido outorgado o recoñecemento. 2.Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso e entregalos nas datas establecidas pola docente. Si non se cumpre a entrega na data indicada considerárase non presentado. Ante a detección de conductas indebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC se establece a: Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Segunda oportunidade: O alumando fará unha única proba na data do exame oficial. Para superar a materia necesitará obter polo menos 5 puntos sobre os 10 posible. Na oportunidade adiantada, a evaluación rexirase polo modelo de evaluación
correspondiente ó curso precedente. |