Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 B7 C3 A lo largo de las sesiones se irán desarrollando de forma teórica y práctica diferentes actividades sobre los contenidos de la materia. El alumnado deberá desenvolver esos contenidos de forma escrita. Será entregado en la fecha indicada por la docente el primer día de clase. 100
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade:

(a) Alumnado asistente: o que cumpra co requisito de asistencia dun 80% das sesións. Será avaliado seguindo os criterios propostos para a "Avaliación" da materia, sendo necesario que realice e supere as distintas actividades do portafolio.

(c) Alumnado non asistente: aquel que non cumpre una asistencia mínima do 80%. Será avaliado unicamente a través dunha proba mixta, esta proba conterá dúas partes, unha delas (50%) referida a preguntas sobre os contidos prácticos da materia e a outra (50%) na que se avalíen os contidos teóricos con preguntas obxectivas. Debe acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia.

Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitándose o uso de plásticos. Ademais recoméndase a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatoria.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Dacuerdo co establecido na “NORMA QUE REGULA EL RÉGIMEN DE DEDICACIÓN ALESTUDIO Y LA PERMANENCIA Y la PROGRESIÓN DE LOS ESTUDIANTES DE GRADO Y MÁSTEREN LA UNIVERSIDAD DE LA CORUÑA (aprobado por el Consejo Social de 04/05/2017):
1.Deberá poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fose posible, nun prazo non superior a 7 días despois de haber sido outorgado o recoñecemento.
2.Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso e entregalos nas datas establecidas pola docente. Si non se cumpre a entrega na data indicada considerárase non presentado.

Ante a detección de conductas indebidas realizadas polo alumnado no eido académico, no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC se establece a:

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Segunda oportunidade:

O alumando fará unha única proba na data do exame oficial. Para superar a materia necesitará obter polo menos 5 puntos sobre os 10 posible.

Na oportunidade adiantada, a evaluación rexirase polo modelo de evaluación
correspondiente ó curso precedente.