Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión tipo:
Sección teórica:
1.- Presentación dos contidos do tema por parte do profesorado, con apoio dunha presentación Power Point.
2.- Lectura comentada dun texto seleccionado.
3.- Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica:
1.- Presentación das actividades prácticas a cargo do profesorado.
2.- Cuestionario en grupo sobre a presentación.
3.- Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.

A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema como para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de catro horas, polo que a sesión maxistral pode abarcar ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia.
Lecturas Cada sesión de clase de catro horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición teórica do tema. A duración prevista será duns 30-60 minutos por sesión.
Portafolios do alumno En cada sesión de clase, o alumnado deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada, e outro cuestionario en grupo relacionado cos casos analizados ou coas prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións Power Point correspondentes a cada clase, deberán ser incluídos no portafolios. Nel recolleranse tamén os comentarios, reflexións ou actividades realizadas durante o curso.
Prácticas a través de TIC Consiste na análise, deseño e creación de contidos multimedia para a intervención con poboación con TEA empregando ferramentas explicadas nas sesións maxistrais.
Discusión dirixida A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de clase. Logo de que o alumnado conteste por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación teórica do tema, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, comezando unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesorado encargado de moderar a sesión.