Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A través do Campus Virtual, cada estudante deberá acceder ás prácticas propostas e entregalas telemáticamente nos prazos especificados.
A atención personalizada farase mediante titorías individualizadas ou en grupo reducido (segundo as necesidades do alumnado), en modalidade virtual (a través da aplicación Teams).
Estas titorías poderanse realizar por solicitude do estudantado interesado, ou a petición do profesorado da materia se o considera preciso, sendo programadas nun horario consensuado co equipo docente, que non interfira coa asistencia e participación do alumnado nas restantes materias do título.
Ademais, tamén se brindará atención personalizada mediante o correo electrónico, e a través dos foros ou a opción de mensaxe privada do Campus Virtual.