Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Todos os traballos do Bloque II serán entregados a través do Campus Virtual, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos, contribuindo deste modo ao mantemento dunha contorna inmediata sostible.

Para o desenvolvemento do Bloque II é preciso asistir a clase cun ordenador portátil.

O profesorado responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.