Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Educación e linguas en Galicia | Código | 652601003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 1.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Foro virtual | Na plataforma Moodle abrirase un espazo virtual de discusión e de aprendizaxe colaborativa en que se construirá conxuntamente un glosario de termos especializados, se incorporarán ligazóns de interese relacionada cos contidos da materia e terán lugar discusións asíncronas dirixidas polo docente. Esta metodoloxía poderá ser adaptada en función das características concretas da turma. |
Lecturas | O alumnado deberá ler dous artigos especializados con anterioridade á celebración de cada unha das sesións presenciais. Esta metodoloxía será avaliada a través da participación no foro, no glosario e na achega de ligazóns. |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia. |
Proba de ensaio | Realizarase unha proba escrita de ensaio en que o alumnado deberá pór en relación, de maneira argumentada e crítica, o texto proposto con aspectos teórico-prácticos vistos nas sesións presenciais. |
Estudo de casos | Nas sesións interactivas realizaranse supostos prácticos (i) de actuación sobre os marcos de pensamento ocultos que condicionan a atribución de valores negativos a unha lingua, (ii) de planificación lingüística nos centros de ensino e (iii) de análise, revisión crítica e proposición de alternativas de mellora dun proxecto lingüístico de centro. |