Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Educación e linguas en Galicia | Código | 652601003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 1.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A13 A13 | Traballo crítico con supostos prácticos, individual ou grupalmente. | 40 |
Foro virtual | A13 A13 | Participación através do Moodle na construción do glosario, nas discusións dirixidas asíncronas e na achega de ligazóns de interese. No caso de que esta metodoloxía fose adaptada, a súa porcentaxe na avaliación será asumida polos estudos de caso e a proba de ensaio. |
30 |
Proba de ensaio | A13 C1 C4 | Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos téorico-prácticos vistos nas sesións presenciais. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en Todas as actividades deberán ser entregadas de O estudantado a tempo parcial e con dispensa Para As persoas que non asistiren ao 80% das sesións presenciais, deberán realizar todas as actividades individualmente para poderen ser avaliadas. As persoas que se presentaren á segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada (decembro) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4 valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado). Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba de ensaio final. NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA Segundo o establecido na " Norma que regula o réxime de dedicación ao esetudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña (aprobado polo Consello Social do 04/05/2017), o estudantado con recoñecemento de dispensa académica: i. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non for posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle sexa concedido o recoñecemento. ii. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase o exercicio considerarase non realizado. No caso de se tratar dun exercicio de realización obrigatoria, o/a estudante será cualificado como NON PRESENTADO/A iii. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes, na segunda oportunidade deberán repetir todas as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba) na primeira oportunidade. Se se suspender algunha actividade a cualificación final será a media ponderada das actividades, sempre que esta non supere o 4; de a media ser superior a 4 valores sobre 10, a cualificación final nesa convocatoria será de 4. ------------ Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado con “Suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, si for necesario. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica, "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. ------------ Perspectiva de xénero Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |