Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Educación. sociedade e política educativa | Código | 652601005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
-Non se admitirán traballos que o profesor ou profesora non teña pactado previamente co alumno/a ou non teña constancia da sua realización. -As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais. -Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A. -Os traballos escritos presentaránse a dobre cara, sen grapas e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora, e sempre que conteñan referencias bibliográficas é imprescindible seguir as normas da APA que se poden encontrar aloxadas, entre outras, na seguinte dirección web: http://www.capitalemocional.com/apa.htm -Non se recollerán traballos encadernados, con fundas de plástico, anillas ou deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se entregue e enviar por email unha copia ao profesor da materia. -Débese facer un uso sostible dos recursos así como da prevención de impactos negativos sobre o medio natural. -Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporarase a perspectiva feminista nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizaranse referencis bibliográficas de ambos sexos -citación xusta-, propiciarase a intervención na aula de alumnas e alumnos...) -Traballarase para identificar e modificar prexuicios e actitudes sexistas, e tentarase influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. -Facilitarase a plena integración do alumnado por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, que experimenten dificultades a un acceso axeitado , igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera nedecesidade de proposta de mellora sexa comunicada. -A proba de ensaio realizarase seguindo o calendario oficial. Aínda que se facilitará a súa realización do modo que se explicitará no seu momento na clase -O horario de titorías está exposto na web da Facultade e na porta do despacho P0B5. - Titorías: no caso de non ter docencia Martes (16-19 h.) no despacho P0B5 (Telf. 981.167100, Ext. 4664). |