Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A6 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 A37 C6 C7 C8 Presentación e defensa
• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.
15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A6 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A16 A18 C3 Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.

Fundamentación teórica (30%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre ter coñecementos sobre o desenvolvemento e nivel alcanzado no tema tratado.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia ós contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.

Desenvolvemento do TFM (35%)
• Nivel de concreción do TFM
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ó marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.

Valoración persoal e conclusións FM (15%)
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.
85
 
Observacións avaliación

O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.

Para a avaliación dos TFM constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do mestrado) por cada unha das especialidades. Cada un estará formado por tres membros titulares e un ou dous/dúas suplentes.
O/a director/a do TFM non poderá formar parte da tribunal avaliadora correspondente, sempre e cando os recursos humanos o fixeren posible.

 
Finalizadas todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado e/ou na APP de TFM.
 
En relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a cualificar o traballo realizado coa nota media das cualificacións emitidas por cada un dos membros.
A cualificación poderá ser: a)Non presentado; b)Suspenso: de 1 a 4.9; c) Aprobado: de 5 a 6.9; d) Notable: de 7 a 8.9; e) Sobresaliente: de 9 a 10 

A mención de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros do tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade.

Convocatoria adiantada.

Rexirase segundo o documento marco vixente.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/).