Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A15 A17 C1 C3 C4 C6 Examen final sobre os contenidos da materia.
Valorarase:

Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
50
Aprendizaxe colaborativa A15 A17 C1 C3 C4 C5 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
As tarefas consisitirán na realización de proxectos de diversa natureza, como unidades didácticas, tarefas integradas, aprendizaxe servizo, ou outras, que serán indicadas en cada curso académico.
25
Estudo de casos A15 A17 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os casos de estudo tratarán sobre os aspectos epistemolóxicos e non epistemolóxicos da Ciencia e dos científicos. 25
 
Observacións avaliación
Primeira Oportunidade: A cualificación será a media ponderada das notas das actividades realizadas durante o curso (50%) e da nota da proba obxectiva final realizada na data do calendario oficial de exames (50%), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia.

Segunda Oportunidade:No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberanse repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba), manténdose as porcentaxes na cualificación de cada unha das partes.

Oportunidade Adiantada :aplicaranse os mesmos criterios que para a Primeira Oportunidade.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica:
O alumnado con recoñecemento de dispensa académica, obtido e notificado ao profesorado de acordo coa normativa universitaria,poderá realizar as actividades propostas ao longo do curso de forma non presencial e entregalas nas datas establecidas polo profesorado, utilizando para a entrega o Moodle da materia no campus virtual da universidade. Ademais, deberá realizar presencialmente a proba obxectiva final nas datas oficiais de exame sinaladas polo centro.

Todos os aspectos relacionados con a dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica, rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.