Recoméndase o envío telemático dos traballos de esta
materia, e se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre
cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un
uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais Nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero
(usarase linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as de ambos os sexos,
propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades
a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|