Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica das ciencias experimentais | Código | 652601121 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A27 C1 C6 C8 | Metodoloxía que pretende o traballo autónomo dos estudantes a nivel individual e tamén grupal, de xeito que o grupo "actúe" como unha "comunidade que constrúe o seu propio coñecemento", realizando actividades e traballos dentro e fora da aula. A súa realización é obrigatoria e para superala necesítase acadar o 50% da cualificación indicada. |
40 |
Presentación oral | C1 | Os grupos exporán, coa axuda das TIC, o traballo realizado colaborativamente e os estudantes tamén presentarán os traballos tutelados realizados individualmente. A exposición dos traballos é obrigatoria e valorarase a presentación, así como a fundamentación das achegas que se propoñan en relación á temática tratada. | 10 |
Aprendizaxe colaborativa | A19 C4 | Os grupos de traballo elaborarán un tema a elixir entre os propostos polo docente, que lles orientará tanto nos aspectos básicos a tratar como na procura, selección e tratamento da información. A súa realización é obrigatoria e valorarase a súa orixinalidade, innovación, relevancia para o ensino das ciencias e a fundamentación das achegas que se propoñan en relación á temática tratada. | 10 |
Proba mixta | A19 A21 A24 A27 C1 | Realizarase obrigatoriamente unha proba escrita de tipo mixto, con preguntas abertas de semidesenvolvemeto e/ou de resposta breve para valorar os coñecementos acadados e a capacidade de análise, sobre os contidos da materia. Para superala é necesario acadar o 50% da cualificación indicada. | 40 |
Observacións avaliación | |||
- Na primeira oportunidade avaliaranse as actividades realizadas durante o curso (aprendizaxe colaborativa 10% e presentación oral 10%) e o traballo tutelado (40%), así como a proba escrita (40%). Se o estudante supera todos os apartados (cada un cun 5 sobre 10), a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia nalgún dos seus apartados, pero si se presentaran a todas as actividades a avaliar (aprendizaxe colaborativa 10% e presentación oral 10%) e ao traballo tutelado (40%), así como á proba escrita (40%), será a media ponderada dos apartados suspensos. É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 80% ás sesións presenciais. Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás distintas actividades a avaliar (actividades de aprendizaxe colaborativa e presentación oral; proba escrita; traballo tutelado) que se estabelezan para o curso académico. - Na segunda oportunidade o alumnado que asistíu cando menos ao 80% das sesións deberá repetir/entregar as partes non superadas (actividades de aprendizaxe colaborativa 10% e presentación oral 10%/, traballo tutelado 40% e/ou proba escrita 40%). Os estudantes que non acadaran a porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais (80%) deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso, así como realizar a proba escrita, e serán avaliados coa ponderación descrita anteriomente. Se superan (cun 5 sobre 10) todos os apartados, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia nalgún dos seus apartados, pero si se presentaran ás actividades a avaliar, será a media ponderada dos apartados suspensos. Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás distintas actividades a avaliar (actividades de aprendizaxe colaborativa e presentación oral; proba escrita; traballo tutelado) que se establezan para o curso académico. - Na Avaliación Adiantada o alumnado que asistíu cando menos ao 80% das sesións deberá repetir/entregar as partes non superadas (actividades de aprendizaxe colaborativa e presentación oral 20%/, traballo tutelado 40% e/ou proba escrita 40%). Os estudantes que non acadaran a porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais (80%) deberán presentar, individualmente, todas as actividades e presentación oral/traballos propostos ao longo do curso, así como realizar a proba escrita, y serán avaliados coa ponderación devandita. Se superan (cun 5 sobre 10) todos os apartados, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia nalgún dos seus apartados, pero si se presentaran ás actividades a avaliar, será a media ponderada dos apartados suspensos. Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás distintas actividades a avaliar (actividades de aprendizaxe colaborativa e presentación oral; proba escrita; traballo tutelado) que se establezan para o curso académico. Alumnado con recoñecemento de dispensa académica Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás distintas actividades a avaliar (actividades; proba escrita; traballos tutelados) que se establezan para o curso académico. - A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Todos os aspectos relativos á dispensa académica, dedicación ao estudo e permanencia, así como fraude académica, non explicitamente tratados neste apartado rexeranse pola normativa académica vixente da UDC. |