Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Asistencia presencial e non presencial (Campus Virtual) para completar a información e dúbidas do traballo tutelado a realizar.
O alumnado de dispensa académica realizará todos os traballos da materia de forma individual, entregados nas datas sinaladas polas docentes, e terá atención personalizada, no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e, tamén, sobre o marco teórico e práctico da materia.

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixila. Usarase linguaxe non sexista, promoverase a intervención en clase de alumnos e alumnas.

Facilitarase a integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades para superar a materia, por medio das axudas pertinentes.