Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A20 A25 A27 C1 C6 Valorarase a calidade dos traballos: capacidade de mostrar habilidades profesionais na elaboración xustificada de propostas de ensino das materias científicas (Bioloxía e Xeoloxía) 40
Proba mixta A20 A25 A27 C1 Proba de carácer individual na que se valorará a capacidade de aplicar os coñecementos e as capacidades adquiridas ao longo do curso na resolución de problemás o cuestións específicas relacionadas co ensino da Bioloxía/Xeoloxía 50
Análise de fontes documentais A27 Valorarase a fundamentación teórica dos traballos tutelados, desenvolvida a través dunha revisión bibliográfica que posibilite o coñecemento, análise e búsca de solucións aos problemas do proceso de ensino e aprendizaxe de temáticas concretas das materias de Bioloxía e Xeoloxía, así como as orientacións referidas á innovación e mellora educativa realizadas por especialistas. 10
 
Observacións avaliación

Na primeira oportunidade avaliaranse as actividades e traballos realizados
durante o curso (40%), así como as análises de fontes documentais realizadas
(10%) e a proba escrita (50%). A cualificación final será a media ponderada das
notas obtidas en cada parte (segundo a ponderación antes indicada), debendo obter
en cada unha de elas un aprobado (5 sobre 10).  É obrigatoria unha
asistencia mínima do 80% ás sesións presenciais. No caso de non acadar a
devandita porcentaxe deberán presentar, individualmente, as actividades/análises
de fontes/traballos propostos ao longo das distintas sesións, realizando tamén a
presentación oral que será obrigatoria para todo o alumnado. Considerarase
como “No presentado” (NP) aquel estudante que non entregue/realice as distintas
actividades a avaliar (actividades de análises; proba escrita; traballos
tutelados) que se establezan para o curso académico.

Na segunda oportunidade, o alumnado deberá repetir só as partes non
superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita e/ou análises de fontes
documentais), que se avaliarán segundo a ponderación antes indicada.  A cualificación
será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada
unha delas un aprobado (5 sobre 10).  Considerarase como “No presentado”
(NP) aquel estudante que non entregue/realice as distintas actividades a avaliar
(actividades de análises; proba escrita; traballos tutelados) que se establezan
para o curso académico.

A Avaliación Adiantada rexerase
polas mesmas normas que a segunda oportunidade.

Os estudantes con recoñecemento de dispensa
académica de exención de asistencia
, seguindo
as normas que regulan o réxime de dedicación ao estudio e permanencia e
progresión dos estudantes de grao e máster universitario da UDC, -Consello Social
do 04/05/2017-, deberán poñelo en coñecemento das profesoras durante a primeira
semana de clase. Se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días
desde que lle fora concedido o recoñecemento. Ademais, deberán presentar
individualmente as actividades/traballos propostos a lo largo das distintas sesións
e entregalos nas datas que establezan as profesoras, realizando tamén a presentación
oral. Se non se cumpre a entrega nas datas sinaladas a cualificación será
de "Non presentado",  segundo o establecido no artigo 21º
-Sistema de cualificacións- das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudios de Grao e Máster universitario” da UDC
(29/06/2017). A cualificación final da Primeira Oportunidade será
a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados (traballos
realizados durante o curso 40%, así como as análises de fontes documentais 10%)
e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado
(5 sobre 10). Na segunda oportunidade repetiranse só as partes
no superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita). A nota final obterase
da forma antes sinalada.

Os traballos entregaranse en formato dixital.
Ademais, esixirase o emprego dunha linguaxe non sexista, así como cumprir os
principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos
persoais e profesionais.

Todos os aspectos relativos á dispensa
académica, dedicación ao estudo e permanencia, así como fraude académica, non explicitamente
tratados neste apartado rexeranse pola normativa académica vixente da UDC.

Importante: Nos traballos presentados considerarse
a corrección na expresión e a ortografía. Por outra banda, o plaxio será causa
da suspensión da actividade avaliada, en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS
DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS DE ESTUDOS DE GRADO Y
MÁSTER, aprobado polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificado
o 29 de xunio de 2017.