A entrega de traballos da materia
realizarase de forma telemática. Débese facer un uso sostible dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. Enténdese que o alumnado universitario ten
asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.
Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia. Se seguirán as recomendacións da Oficina
de Igualdade de Xénero "Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporarase a
perspectiva de xénero (linguaxe non sexista, bibliografía de autores/as,
propiciarase a intervención en clase do alumnado...). Traballarase para
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna
para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. |