Recoméndase a asistencia ás aulas cun dispositivo electrónico persoal tipo computador portátil ou táblet. As entregas de tarefas e traballos faranse sempre de xeito telemático a través do Campus Virtual. Por outra banda, segundo se recolle nas distintas
bases normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia
incorpórase a igualdade de xénero, polo que o alumnado debe telo en conta á
hora de realizar as distintas actividades da materia. Ademais,
dado que nesta materia as propostas educativas baséanse no DUA (Deseño Universal
para a Aprendizaxe) para responder ante a diversidade de alumnado dende unha perspectiva
inclusiva, deberase incorporar dito deseño nos distintos traballos/actividades
que realice o alumnado. |