Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da matemática para profesorado de educación secundaria | Código | 652602223 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A16 A18 A20 A21 A25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas, ... |
10 |
Prácticas a través de TIC | A16 A18 A20 A21 A25 C1 C3 C6 C8 | Valorarase o material realizado polos estudantes, a destreza e a orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interese dos contidos. Ademais de que deben seguir as directrices expostas destas actividades no campus virtual da materia. | 30 |
Traballos tutelados | A16 A18 A20 A21 A25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Valorarase o grado de consecución de cada un dos traballos demandando seguindo as directrices da persoa docente. Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 7ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace: https://infoguias.biblioteca.udc.es/citas_referencias/plagio Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento." |
20 |
Proba mixta | A16 A18 A20 A21 A25 C1 C6 C8 | Exame: valorarase a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas. |
30 |
Presentación oral | A16 A18 A20 A21 A25 C1 | Valorarase a claridade e a habilidade para presentar a información, a comunicación de resultados e as conclusións. | 10 |
Observacións avaliación | |||
As porcentaxes da avaliación son orientativos, poden modificarse ao longo do curso escolar dependendo do grupo-aula. É obrigatoria a asistencia do alumnado que debe cumprir o 80% das sesións de aula, posto que a avaliación é continua a través da realización das anteriores actividades de avaliación. Deste xeito a cualificación final na 1ª oportunidade será a media ponderada das cualificacións dos traballos e da proba escrita, debendo alcanzar na proba escrita un mínimo de 5 puntos sobre 10 para facer media, de non ser así a cualificación final será de SUSPENSO (a media ponderada das actividades suspensas). O ou a estudante que por circunstancias excepcionais non alcance a porcentaxe do 80% de asistencia, terá que realizar as tarefas de avaliación de forma individual ao longo do curso con datas marcadas pola persoa docente onde debe alcanzar en todas elas unha cualificación de 5 sobre 10 para superar a materia. Con carácter xeral, todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Con carácter particular, o alumnado con recoñecemento de dispensa académica, segundo o establecido na normativa académica da UDC: - Deberá poñelo en coñecemento da persoa docente na primeira semana de aulas ou, se non fose posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fose concedido o recoñecemento. - Terá que realizar, de forma individual, todas as tarefas/traballos/probas de aula e de avaliación propostos ao longo do curso e realizar a súa entrega nas datas establecidas pola persoa docente. Se non cumpre coa entrega en data e forma solicitada considerarase un NON PRESENTADO, xa que por normativa no Artigo 21.2 considérase dita cualificación cando non completa o proceso de avaliación continua nas condicións que figuran na guía docente. - A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. Pola contra será a media ponderada das partes suspensas. No caso de non superar algunha das partes na segunda oportunidade, deberá repetir todas as partes non aprobadas (actividades, traballos e/o proba mixta). A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación; unha vez comprobada, implica directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “Suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero; (uso de linguaxe non sexista, promóvese a participación de alumnos/as...). Tamén se traballará para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalas e fomentar valores de respecto e igualdade. Atenderemos as situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas, no caso de producirse. |