Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Todo o alumnado (con e sen dispensa) poderá resolver dúbidas relacionadas coa materia a través de titorías previamente solicitadas, sendo a vía de contacto obrigada a plataforma TEAMS. As titorías poden ser presenciais (no despacho) ou a través da mesma plataforma TEAMS.

Por outra banda, o alumnado con dispensa académica realizará de forma individual tódalas actividades da materia con entregas, nas datas marcadas polo persoal docente da materia. Ademais, terán que realizar unha serie de actividades adicionais, a entregar dentro dos prazos establecidos a tal fin.