Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía | Código | 652602E1I2 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de ensaio | A25 A26 A28 C6 C8 | Proba individual e presencial na que se avaliará os coñecementos adquiridos ao longo da materia. Valorarase especialmente a capacidade de argumentar desde o punto de vista pedagóxico, didáctico e curricular. Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: 1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”. 2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.” 3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.” |
30 |
Aprendizaxe colaborativa | A23 A25 A26 A28 C3 C6 C8 | O cómputo das actividades realizadas baixo a metodoloxía de aprendizaxe colaborativa consistirá nun proceso de coavaliación sobre unha ou máis actividades desenvolvidas individualmente ou en pequeno grupo. Logo da realización de cada unha delas, os estudantes realizarán unha coavaliación que pode consistir en: 1. cando os traballos son individuais, realizar, tamén de xeito individual, a avaliación de cando menos 4 entregas doutros tantos estudantes. 2. cando as entregas son grupais, realizar a avaliación de desempeño do resto de integrantes do equipo de traballo. Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son: - Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia. - Integrar significativamente as TIC. - Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade). - Entregar o prototipo ao persoal docente da materia na aula, o día da exposición oral. - Empregar o currículo vixente. - Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia. - Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual. - Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/ - As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.” A entrega fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria). |
70 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Se o estudante
O alumnado que na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria) ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA. Segundo - Deberá poñelo en coñecemento do - Terá que realizar de - Para a
|