Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A5 A6 A10 A11 C6 C8 Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia 30
Traballos tutelados A1 A5 A6 A8 A10 C3 C4 C7 C8 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. 30
Presentación oral A1 A6 A10 A14 C6 C7 C8 Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
Análise de fontes documentais A1 A5 A6 A10 C6 C8 Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. 10
Recensión bilbiográfica A5 A6 A10 A14 C6 C7 C8 Comprende, ademais da lectura dunha obra, a análise do seu contido, unha crítica e posterior valoración da mesma. No seu momento achegarase unha guía para facilitar a súa realización. 20
 
Observacións avaliación

 A asistencia ás clases é obrigatoria. O límite de asistencia mínimo é do
80%. Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesor para a
súa oportuna consideración. O alumnado que exceda a porcentaxe de faltas
non será avaliado e figurará na acta final como non presentado. As
faltas de asistencia puntuais non precisan ser xustificadas mentres non
excedan o 20% do total. Os traballos individuais, entre os que se
considera a proba de ensaio terán un valor do 60% na nota final (3 e 3).
Os traballos realizados en grupo un 40% (4 puntos). Para aprobar a
materia é necesario ter superados positivamente (aprobados) os dous
apartados: individual e de grupo. A proba de ensaio consistirá nunha
pregunta aberta. Para a súa realización cada alumna ou alumno poderá
empregar o material que considere máis oportuno. O valor deste exercicio
sera de 3 puntos, é dicir, un 30% da nota final. O tempo
de duración da proba de ensaio será dunha hora en calquera das
convocatorias. A outra proba individual será unha recensión cuxo valor
será de 3 puntos. Tal e como se establece nos puntos 7.2 e 7.3 das
Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario da UDC, as probas teñen carácter
obrigatorio polo que á súa non realización impide a superación da
materia. Para a segunda oportunidade de xullo e a convocatoria adiantada
os criterios de avaliación serán os mesmos que se explicitan para a
primeira, manténdose como condicións a obrigatoriedade e a presencialidade.
Na 2ª oportunidade o mesmo que na convocatoria adiantada o alumnado só
se examinará das partes non superadas con anterioridade, manténdose o
valor de cada unha das probas:3 puntos para cada unha das probas
individuais e 4 puntos para o traballo de grupo.

En calquera caso e de maneira xeral, “todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”