Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticum | Código | 652604406 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A18 A19 A20 A21 | O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do traballo cos seguintes criterios: - Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica - Orixinalidade da proposta | 50 |
Saídas de campo | A18 A19 A20 A21 | O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. | 50 |
Observacións avaliación | |||
- A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaínte (9 a 10). - A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a ti tor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. - Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación: - A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón como cualificación un suspenso na primeira oportunidade. - As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obti da nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. Canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro: o alumnado pode pedir que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da «grella» de avaliación por parte do seu profesorado ti tor de facultade, na data de revisión para a súa cualificación na materia. - Non realizar as prácticas estando matriculado na materia supón un NP. - En canto á memoria de Practicum, as citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7º edición. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por entregado correctamente o documento final. - O plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet ou intelixencia artificial, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Así queda regulado no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC que pode consultarse en https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf. Máis información en http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual - A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |