Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A9 A14 B8 C3 C1 C4 Presentación dos traballos desenvolvidos na aula en pequenos grupos. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 A14 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 Elaboración dun traballo en grupo acerca dalgunha das temáticas dentro do ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. 40
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 A14 B1 B2 B8 C1 C9 C7 Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. 20
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 Realización de análises e reflexións a partir de diversas fontes documentais. 20
 
Observacións avaliación

- Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma.

- O alumnado que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías presentes na materia ou asista a menos do 80% das sesións terá que superar unha proba obxectiva na primeira ou segunda oportunidade que terá un peso do 100% da avaliación.

- Nos traballos a realizar o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da Internet ou intelixencia artificial, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.

- Arealización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vezcomprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoriaen que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión dafalta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,se fose necesario.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E APERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento.

2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente. Se nonse cumpre a entrega na data sinalada considerarase “Non presentado”.

3. A cualificación seráa media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba).

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”